GALERÍA | Riós bótase a andar cara o Foxo do Lobo

FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
O rexedor orriolense, Francisco Armando Veiga.
O cineasta Rubén Riós, entre os camiñantes.

Máis de 70 participan, esta mañá, na terceira edición da andaina cara o Foxo do Lobo que organiza o Concello de Riós dentro do programa cultural de actos O Teu Xacobeo, que ten como base de operacións a Reitoral da Chaira. 

Entre os asistentes, ademais do rexedor municipal, Francisco Armando Veiga, unha cara moi coñecida da escena galega, o actor e director local Rubén Riós

No alto da Serra da Urdiñeira, onde está ubicado o Foxo do Lobo, agardan aos camiñantes un equipo de voluntarios de Protección Civil do Concello de Riós co oportuno e necesario avituallamento.