GALERÍA | Accidente sen feridos dunha autocaravana en Riós

Un rebentón dunha roda foi a orixe dun accidente que tivo lugar logo das catro da tarde no punto kilométrico 139 da A - 52, no termo municipal de Riós

No interior do vehículo viaxaban un matrimonio e dous cativos, que non resultaron feridos aínda que si precisaron de axuda para poder saír da autocaravana accidentada.