FOTOGALERÍA | Riós une pulpeiras e diversión pasada por auga

O Concello de Riós organizou o pasado domingo unha xornada diferente de verán. Os veciños comeron do mellorciño grazas á pulpeira que se instalou nas piscinas municipais e logo, o que quixo, deise un baño do máis divertido saltando desde un inchable que se colocou para ese día.