FOTOGALERÍA | Primeira festa do socialismo comarcal, no Riós
Foi a debutante Marina Vaz, como secretaria comarcal do PSdeG, a que decidiu organizar o primeiro encontro coas respectivas agrupacións locais a carón dunha mesa e cunha cea de por medio.
O resultado foi que case un cento de simpatizantes, militantes e dirixentes da formación do puño e a rosa acudiron á súa chamada e citáronse no Restaurante Bayona -tamén coñecido como o do "Pilas"- para, moitos, pórse cara. A práctica totalidade dos municipios da contorna estaba representados. E tamén o organigrama directivo da formación na provincia: Rafael Rodríguez Villarino -secretario xeral- ou Diego Alonso, o seu secretario de organización. Estaban tamén deputados nas Cortes -Pérez Abellás e Uxía Tizón-, e autonómicas, como Marina Ortega e Gonzalo Caballero.
O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, verinense e médico en excedencia no Riós, non quixo falta á cita.
Ao remate, quenda de discursos de candidatos, alcaldes, dirixentes e representantes da cidadanía nos diferentes parlamentos, no que xa é o pistoletazo de saída da preparación dos vindeiros comicios municipais de maio de 2023.