FOTOGALERÍA | Tradición e música no XIII Festival de Nadal do Riós
20 de diciembre de 2025 (22:43 h.)
A Igrexa do Riós volveu encherse de música, tradición e espírito natalicio coa celebración do XIII Festival de Nadal, unha cita xa consolidada no calendario cultural do Concello e moi agardada por veciños e veciñas.
Durante a xornada, o público puido gozar dun emotivo e dinámico concerto, no que participaron distintas agrupacións que fixeron vibrar o templo cos seus sons e voces. Saíron a escena a Coral Cantarela, As Ferreñas do Riós, o Grupo Bulideiras, The Miguel Band, e a Banda de Gaitas do Riós, que puxo o broche tradicional a unha tarde inesquecible.