FOTOGALERÍA | Positivismo no acto central da campaña do PSdeG-PSOE de Riós

De esquerda a dereita: Juan Carlos Francisco Rivera, Marina Vaz, Gonzalo Caballero, Daniel Caneiro, Emilio González Afonso e Carmen Rodríguez Dacosta. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Daniel Caneiro Villarino, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Riós.
Gonzalo Caballero, exsecretario xeral dos socialistas galegos e deputado no Parlamento de Galicia.
Emilio González Afonso, subdelegado do Goberno en Ourense.
Juan Carlos Francisco Rivera, ex senador e ex deputado autonómico.
Carmen Rodríguez Dacosta, deputada no Parlamento de Galicia.
Marina Vaz, secretaria comarcal do PSdeG.

O PSdeG-PSOE sinalaba onte que o 28 de maio comezará un “novo tempo” para Riós da man dos e das socialistas e que porá fin a anos de “desgoberno, desleixo e ruína económica para as arcas municipais”. O principal obxectivo que se marcan dende a agrupación socialista de Riós e “rematar con 30 anos de mal goberno, que levaron ao noso municipio a ruína económica e demográfica”.

Un acto no que participaron o candidato á alcaldía, Daniel Caneiro, e o seu equipo, que recibían o apoio do ex senador e ex deputado autonómico, Juan Carlos Francisco Rivera, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, a deputada no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta, a secretaria comarcal do PSdeG, Marina Vaz, e o exsecretario xeral dos socialistas galegos e deputado no Parlamento de Galicia, Gonzalo Caballero.

O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Riós, Daniel Caneiro Villarino, explicaba que a “nefasta xestión do Partido Popular provocou que nos próximos 11 anos nos veremos sometidos a un plan de saneamento". Ante esta situación os e as socialistas do Riós presentan un equipo “moi preparado, con ilusión e con moitas ganas de traballar por este concello”.

Caneiro Villarino fixou como obxectivo principal “atender as reivindicacións que nos leva feito a veciñanza nas múltiples visitas que fixemos a tódolos núcleos de poboación do concello”. O candidato socialista destacou como outro dos puntos de traballo “intentar frear o despoboamento que paulatinamente leva o noso municipio a desaparición, senón tomamos unha serie de medidas para fixar poboación”.

O candidato socialista á alcaldía anunciaba algunha das medidas que propoñen para a vindeira lexislatura: “Potenciaremos a castaña, as setas e o mel e apostaremos pola DO Monterrei, a gran esquecida no noso municipio. Loitaremos contra o abandono das rúas e dos núcleos de poboación do municipio, esquecidos nos últimos 4 anos, así como as estradas, que presentan un estado lamentable”.