FOTOGALERÍA | Os nenos de Riós interésanse pola tecnoloxía

O Concello de Riós organizou para os máis pequenos do municipio unha xornada de robótica educativa como parte das actividades de conciliación familiar para este verán. A clase serviu para espertar nos nenos o seu interese pola tecnoloxía dunha forma divertida.