FOTOGALERÍA | Visita o novo Centro de Día do Riós!

O centro de día de Riós é xa unha realidade que só agarda á súa inscrición nos rexistros preceptivos da Consellería de Política Social e a contar cos profesionais que prestarán servizo na instalación municipal. A finca da Telleira completa así a súa estrutura, na que xa se atopan as vivendas sociais, a piscina, o centro agroforestal e un velorio. Foi a grande aposta dos case trinta anos de mandato -"Riós non tiña unha zona de servizos municipais como ésta"- que con esta derradeira inauguración pon fin á responsabilidade de Veiga Romero coma rexedor orriolense.