Que é o que se repartía en Oímbra este luns de Entroido?

A pequerrecha Noa, demasiado abrigada para unha calurosa tarde.
Engracia, a encargada da intendencia das tazas, repartiunas todas.
Seica andaba pola zona un italiano infectado recién chegado.
A charanga "Fuego", con xa 26 anos de historia, un clásico en Oímbra.
Esta pequena seguro que nunca atopará mellor parella de baile.
Mellor contar con axudas mecánicas para desprazarse.
A chegada de taxis dende Verín era constante durante toda a tarde.
Unha Vespa "verde" e rosa.
A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, capitaneando a comitiva.
Cando se retiraba a turba de cada unha das adegas, así quedaban as bandexas.
Non se enganen, estaba caldexando a taza para non misturar os viños.
Un dos "azuis" que nunca falta en Oímbra.
O percorrido contaba cuns cantos sanitarios coa cura do Coronavirus.
Unha forasteira... en territorio olimbriguense.
"E esta muller... de quen vén sendo?", se preguntaba "Janducho".
O do chapeu xa non daba aberto os ollos a media tarde.
Ata Oímbra se achegou tamén algunha doutora... pero en Filoloxía galega.
Os ágapes duraban o que duraba o espazo do tempo hai anos nun telexornal.