FOTOGALERÍA | O xantar da Feira do Pemento de Oímbra esgota entradas con 500 comensais
07 de agosto de 2022 (18:35 h.)
O pavillón municipal de Oímbra volveu acoller o tradicional xantar da Feira do Pemento. Nas longas mesas que no seu interior se instalaron, non cabía un alfinete. Para esta xornada dispuxéronse 500 entradas á venda, que se esgotaron o pasado venres. Isto demostra os desexos que tiña a xente de desfrutar desta festa.
O menú, como non podía ser doutro xeito, tiña cantidades inxentes de pemento de Oímbra. Xa fosen fritos ou na empanada, estiveron presentes. Tamén houbo carne ó caldeiro, xamón, polbo, bica, café, auga e viño, todo o necesario para festexar un bo xantar popular nunha feira galega.