FOTOGALERÍA | Oímbra lévanos ó medievo co seu prensado das uvas no Lagar de Xan Preto

Pouco antes das 12:00 horas chegaba o carro coas uvas ó Lagar de Xan Preto. | FOTOS: Anabel G. Simón.
A alcaldesa, Ana Villarino, non dubidou en acudir a esta cita.
Antes de comezar o traballo os veciños botaron algún que outro baile.
A alcaldesa quitouse os zapatos, subiu a saia e púxose mans -ou pés- á obra.
Primeiros resultados do traballo.
Non faltou a animación musical.
Ana Villarino con representantes das Asociacións Lagares de Valpaços e Patrimonio Vilar de Perdizes.
Uns bolos preñados como recompensa para os incansables traballadores.
Ata os máis pequenos se animaron a probalo.
Chegaba o momento do prensado.

Esta mañá, pasados escasos minutos das 12 horas, Oímbra volvía repetir un ano máis a súa característica representación do prensado e pisado das uvas nos lagares rupestres, máis concretamente no Lagar de Xan Preto. 

Un acto ó que acudiron multitude de veciños do concello -e algúns do país luso- e co que este retrocede uns catro séculos no tempo para rememorar a tradición e historia dun dos traballos máis característicos da época.