FOTOGALERÍA | Oímbra despediu aos Reis Magos cunha gran chocolatada no seu pavillón

FOTOS: Anabel G. Simón.

Chegaron cansos de recorrer todas e cada unha das aldeas do municipio, un chisco á presa por se se botaba a chover. Pero, no pavillón polideportivo de Oímbra, pronto recuperaron folgos coa grande chocolatada e os churros que o Concello tiña preparado para a comitiva real e tamén para todos os asistentes. 

Xa respostos, subiron ao escenario e repartiron, un por un, todos os regalos que traían para toda a cativada presente, que foi reclamada polo seu nome pola alcaldesa Ana María Villarino Pardo

Antes da entrega dos presentes, tempo houbo para presenciar o Belén vivente que cada ano se establece na instalación deportiva. 

Velaquí algunhas das mellores imaxes desa tarde de domingo 5 de xaneiro tan especial.