FOTOGALERÍA | Os coches clásicos causan furor na Feira do Pemento de Oímbra

Ana María Villarino recibiu unha camiseta conmemorativa da xuntaza de clásicos da Feira do Pemento de Oímbra.
A alcaldesa montou nun destes vehículos históricos.

A 25ª edición da Feira da Pemento de Oímbra contou coa novidade dunha concentración de coches clásicos que acapararon moitas miradas. 35 vehículos con moita historia ás súas costas captaron o interese dos asistentes, grazas á colaboración do Amigos dos Clásicos da N-525 de Verín que quixo participar nesta xornada. 

Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, agradeceu ó club polo seu interés en participar na súa feira amosando tan históricos vehículos, ós que calificou de "atractivo importante" desta edición. O colectivo tamén quixo manifestar o seu agradecemento hacia Villarino, a quen lle regalaron unha camiseta conmemorativa. 

Os máis cativos tamén tiveron tempo para pasalo ben e desfrutaron a tope cos inchables que se instalaron para eles. Ademais, as piscinas municipais abriron ás 14:30 horas para aqueles que se quixeran refrescar despois dunha boa comida a base de pemento.

FOTOS: NOELIA CASEIRO.