FOTOGALERÍA (II) | O atractivo político do pemento de Oímbra
O pemento de Oímbra non entende de ideoloxías, só de sabor. Na feira, a única política válida é a de repetir! | FOTOS: Noelia Caseiro.
A verdadeira estrela da festa. O produto que logrou que, por unhas horas, políticos e veciños compartisen o mesmo obxectivo: gozar.
Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño, con Rebeca Sotelo, alcaldesa de Cenlle e o empresario José Estévez.
Lembrades á nosa reporteira María Dapía? Agora triunfa no Hora Galega da TVG.
Parada obrigada da comitiva política para sorprenderse coa creatividade dos pratos de cociña elaborados con pemento de Oímbra. Aquí, Ana Villarino coa alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo.
Unha xornada na que a música estivo presente para amenizar a festa.
Diego Lourenzo Moura, primeiro tenente de alcalde do Concello de Verín, degustando os pementos na carballeira de Oímbra.
Nin os despachos máis importantes resisten o irresistible encanto do pemento. A conselleira Ángeles Vázquez catou a delicia da horta de Oímbra.
Rosendo Fernández, presidente do INORDE, demostrou que sabe elexir un bo produto da terra para degustalo.
A alcaldesa Ana Villarino acompañou á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante todo o día.
Rubén Riós gozou do sabor do pemento un día despois da gran manifestación na Gudiña reclamando o dereito ao tren para o rural.
Manuel Campos Velay, alcalde de Cuntis, un dos convidados á Feira do Pemento.
Eva Barrio, alcaldesa do Riós, é unha habitual.
A deputada do PP por Ourense no Parlamento de Galicia, Noelia Pérez.
Miguel Ángel Viso, parlamentario popular, outro que nunca perde a cita de Oímbra.
Néstor Ogando, á esquerda, alcalde da Gudiña, co rexedor da Mezquita, Rafael Pérez.
Mariana Carballal, actriz e directora nada en Albarellos. Nin as actrices máis recoñecidas se resisten a saír do seu papel para gozar do pemento de Oímbra!
Avelino Pazos, alcalde de Castrelo do Miño, mantivo o sorriso ao longo de toda a xornada. Na imaxe facéndose un selfie co seu homólogo de Cuntis.
Ao longo de toda o día estivéronse preparando pementos para que ninguén quedara sen probalos.
César Fernández, alcalde de Ribadavia e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, desfrutando dos caldos de Monterrei.
Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco, tamén se achegou até a Feira do Pemento.
Aquí as distancias acúrtanse. A mellor diplomacia non está nos despachos, senón nunha ración de pementos acabados de fritir!
Velaí a mostra de como o pemento de Oímbra non entende de ideoloxías: a alcaldesa popular do Riós, Eva Barrio, con Rafael Pérez, alcalde nacionalista da Mezquita, e Néstor Ogando, alcalde socialista da Gudiña.
Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río, afirmou que: "En Oímbra fríense pementos… Pero tamén se cociña futuro".
Na exposición de coches clásicos puidéronse ver auténticas xoias de tempos pasados.
O segredo do éxito desta feira non está nos discursos, senón na alegría da xente e na calidade do produto da nosa horta.
O pemento de Oímbra é un bocado que pon de acordo a todos.
Ángeles Vázquez, Ana Villarino e Cristina Campero Dorado, concelleira en Xinzo de Limia e deputada no Parlamento de Galicia.
Noelia Pérez e o "titiriteiro" Rubén Riós.
Cociñeira, cociñeira... Atende ben a candea!!!
Logo das explicacións da experta, a conselleira Ángelez Vázquez atendeu a fritura dos pementos.
Non podía faltar o brinde cos tintos da D.O. Monterrei.
Victor Manuel Baladrón Lamas, deputado no Parlamento de Galicia, non puido resistir a tentación de cociñar os pementos.
Como sempre, o xantar popular tivo un cheo absoluto.
O empresario de maquinaria agrícola José Estévez e a nai da rexedora do Riós, Mari Luz López.
Carlos López Montero mudou de vida no 23: entrou na política de Xinzo e nun xornal de Ourense.
A carballeira de Oímbra converteuse na capital da política galega. A XXVIII Feira do Pemento demostrou que o seu poder de convocatoria é tan irresistible que nin os despachos máis importantes da Xunta e dos concellos se libran da súa chamada. É o que ten un produto de calidade e unha festa que, ano tras ano, se consolida como unha cita ineludible.
Os cargos públicos esqueceron a súa axenda política por un día e uníronse á veciñanza. Vimos á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada pola alcaldesa Ana Villarino, paseando co sorriso de quen sabe que está a piques de probar algo irresistible. Os nosos obxectivos captaron cada bocado, cada comentario e cada brinde, confirmando que a calidade do pemento de Oímbra convence a todas as persoas, sen distinción de cores políticas.
Pero a feira foi moito máis que un desfile político. A fascinación pola xoias do pasado puido verse na exposición de coches clásicos, nas mesas da comida popular o sabor do produto local era o verdadeiro luxo, e, por suposto, a esencia da festa: a elaboración e a degustación dos deliciosos pementos fritos, a verdadeira estrela do día que ninguén, absolutamente ninguén, se quixo perder.