FOTOGALERÍA | Ana Villarino e Elena Rivo visitan a ludoteca de verán do Concello de Oímbra

Elena Rivo e Ana Villarino ás portas da Casa do Concello de Oímbra. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Villarino aproveitou para invitar á conselleira á Feira do Pemento.
A alcaldesa e a conselleira posaban xunto as monitoras e os nenos e nenas da ludoteca.

Este martes, Elena Rivoconselleira de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia, visitaba o Concello de Oímbra onde era recibida pola alcaldesa do municipio, Ana Mª Villarino. Despois dun pequeno tour polas instalacións da casa consistorial e das debidas presentacións de todo o equipo de mulleres que a conforman, alcadesa e a conselleira achegáronse ata a ludoteca de verán onde nenos e nenas de todo o concello desfrutaban de distintas actividades coma cada día.

Rivo e Villarino quixeron destacar este tipo de iniciativas como unha parte esencial da vida dos pais e nais do concello que lles permite conciliar a súa vida laboral coa familiar ó mesmo tempo que os seus fillos aprenden xogando e comparten tempo con nenos e nenas da súa idade.