luns 01/03/21
Oímbra

A alcaldesa de Oímbra, paxe real por un día das Súas Maxestades de Oriente

Non quedou en Oímbra aldea e nena, neno ou maior que as Súas Maxestades de Oriente non visitasen e lle entregasen, a cambio da carta dos desexos para esta noite tan especial, unha pequena saca de golosinas. 
Dende as dez de mañá, hora na que chegou a comitiva real á Casa do Concello olimbriguense, ata xa ben entrada a noitiña, os tres reis magos e os seus paxes, entre os que se atopaba a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, percorreron as principais prazas das localidades, onde se concentraba -gardando as distancias de seguridade- a cativada do lugar. 

As baixas temperaturas eran tal, que a comitiva real levaba dous automóbiles. Un acristalado para que as Súas Maxestades non pasaran frío nos traxectos de aldea en aldea. Ao chegar a cada unha, mudaban de vehículo e entraban na localidade nunha furgoneta real descuberta
 

comentarios
A alcaldesa de Oímbra, paxe real por un día das Súas Maxestades de Oriente