GALERÍA | Inauguración do centro de interpretación do viño de Monterrei

Jiménez, Enma González, Da Silva, Baltar, Suárez, José González, Alén e Ana Villarino.
O conselleiro de Medio Rural conversa con José Antonio Da Silva e coa súa filla Lara.
Interior do centro de interpretación do viño.
Unha Tallón facéndose co resultado da factoría de seu pai: Ánades Galicia.
Gabriel Alén, probando unha delicia de pastelería Primavera.
Os viños de Monterrei, agardando para seren degustados.
Alberte Paz -fotógrafo-, José Luis Suárez -alcalde-, Manuel Baltar -presidente provincial- e Jaime Pereira, secretario xeral da CEO, todos da quinta do 67.
José Luis Prieto, de O Retiro do Conde.
María José Caldelas, probando unha das delicatessen elaboradas para a ocasión.

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou hoxe como un “obxectivo compartido” pola Xunta, os consellos reguladores e o sector “consolidar o posicionamento competitivo do viño galego nos mercados nacional e internacional, e colocar a Galicia como referente do enoturismo, xerando valor en comarcas como Monterrei”. Foi, precisamente, na inauguración do novo espazo enogastronómico a carón da fortaleza de Monterrei que, tal e como dixo o conselleiro, “vén amosar esta mesma intención”.

José González estivo acompañado neste acto polo delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén; polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, os alcaldes de Oímbra e Monterrei, Ana Villarino e José Luis Suárez, e tamén pola xerente do Inorde, Enma González ou a presidenta da Denominación de Orixe dos Viños de Monterrei, Lara Da Silva

Begoña Vázquez, de Regueiro da Cova, coordinou a un conxunto de chefs que ofreceron elaboracións culinarias e postres con produtos da zona, maridados todos con viños da Denominación de Orixe Monterrei. 

O orrioilense Emilio Rúa foi o encargado de amenizar a velada no Baluarte do Sol.