FOTOGALERÍA | Albarellos volve ó pasado co Festival do Folclore

O Festival de Folclore chegou onte a Monterrei para traer as raíces culturais galegas de volta ó presente. Os veciños de Albarellos desfrutaron dunha tarde na que non faltou a música dos bombos ou das gaitas, tampouco o fixeron as danzas tradicionais, grazas ó Centro Galego de Bos Aires e á Escola Provincial de Danza Castro Floxo que participaron nesta actividade impulsada polo Concello e a Deputación de Ourense.