FOTOGALERÍA | O Serán da Pousa consolídase como a gran festa da aldea

A cea popular precedeu a gran foliada no Serán da Pousa. | FOTOS: Cedidas.
A sesión vermú estivo amenizada pola música das Kuartetas.
A festa continuou ata a madrugada cunha foliada aberta, guateque e moita troula.

A quinta edición do Serán da Pousa non defraudou e ata alí foron centos de persoas para gozar dunha xornada de convivencia interxeracional posta en marcha pola veciñanza dunha aldea que non conta con festa propia. Dende logo, si que teñen festa propia, e das grandes! Porque o Serán da Pousa xa está máis que consolidado como a cita anual da localidade.

Entre risas e moita complicidade, foi unha festa desas que tecen comunidade. Houbo de todo para gozar: a mellor música galega, comida deliciosa e con menús para todos os gustos e necesidades, moito baile e complicidade nunha xornada na que tamén celebraron o seu torneo de tute, houbo catas de viños, unha gran foliada e o xa tradicional Free Tour pola Pousa para descubrir os seus recunchos máis encantadores.

Foi un día para ver e vivir, cheo de momentos de alegría compartida que reforzan o espírito da aldea. Velaí unha mostra do ben que o pasaron todas as persoas que se achegaron a celebrar esta festa única.