NOTICIAS VERÍN | Laza celebra a noite meiga na honra ó seu patrón

A noite comezaba ó ritmo do grupo Maghua. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Os máis valentes animáronse a saltar o lume e pedir o seu desexo.
Laza festexaba onte no Campo do Lilí a festa do seu patrón: o San Xoán. Unha reunión popular na que a protagonista era a gran fogueira ó redor da cal, veciños e veciñas do municipio, cantaban e bailaban ó son dos grupos Maghua e Silveiras do Támega.