Ateridos percorreron as súas maxestades todas as aldeas de Laza

As Súas Maxestades os Reis Magos chegaron ao Concello de Laza arredor das 10:30 horas da mañá para comezar a repartir os agasallos e caramelos a todas as nenas aldea por aldea. O primeiro que manifestaron nada máis chegar foi, nunha perfecta lingua galega: "Que frío vai neste lugar".

E, precisamente, comenzaron o seu percorrido por unha das localidades máis xélidas nestes días: Toro. Dalí dirixíronse a: Navallo, Tamicelas, Castro, Soutelo Verde, Souteliño, Retorta e Matamá, para rematar de novo na capitalidade municipal.

A cativada agardaba nas súas casas ás súas maxestades, e recibiron todos como agasallo unha bolsa de caramelos no momento en que lle entregaban as súas cartas para que na noite do cinco ao seis vexan cumpridos os seus desexos.