luns 18/01/21
Laza

Laza ten o seu particular parque do terror... Ou do esquecemento

A poucas horas da celebración da festividade de Samaín, no concello de Laza agóchase, en Souteliño, un parque que ben podería ser un escenario perfecto para que os de Arcucelos organizasen alí o seu particular "Arcucelos Pantasma" do vindeiro verán.

Así loce unha superficie e unha estrutura que estaba chamada a ser a referencia comarcal para o ocio de aventura financiada polo extinto conglomerado de concellos "Puertas de Galicia", que pasou por varios nomes: "Santiago Park", "Parque Feiticeiro"... E que ben agora podería comezar a coñecerse polo "Parque do Esquecemento". 

En agosto de 2019 lle contabamos, nestas mesmas páxinas -se premen neste enlace acudirán a aquela información- como se atopaba entón. Un ano despois, velaí como o paso do tempo e as inclemencias metereolóxicas o deixaron. 
comentarios
Laza ten o seu particular parque do terror... Ou do esquecemento