GALERÍA | Os cativos do CEIP de Laza, uns verdadeiros científicos coa clínica Albéitar

FOTOS: M. D.
Os tintes axudan a recoñecer os distintos compoñentes do sangue.
María Xesús Blanco mostra unha médula espiñal no microscopio.
Os cativos elaboraron exemplos de células animais e vexetais.
María Xesús Blanco explica o procedemento para a análise da sangue.
Os cativos aprenden a analizar o sangue.
Os alumnos de 4º, 5º e 6º curso do CEIP O Castiñeiro, en Laza, gozaron hoxe dunha divertida mañá na pel duns verdadeiros científicos -bata branca incluída- traballando coa microbioloxía. Da man de María Xesús Blanco, xerente da clínica veterinaria Albéitar -e de tres microscopios-, coñeceron aspectos da morfoloxía das células, a médula espiñal, o sangue ou os microorganismos. "Todos conceptos relacionados co que estamos a aprender agora mesmo nas clases", afirma a súa mestra, Ana Boo.