FOTOGALERÍA | Retorta recupera a súa batalla de mouros e cristiáns despois de tres anos trala pandemia

As veciñas de Retorta axudaban ós participantes da batalla a prepararse. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Pai e filla en bandos contrarios.
Os cristiáns.
As moriñas.
Capitán dos cristiáns.
Imaxes do San Antonio e Santa Mariña.
Comezo da procesión.
A procesión estivo acompañada da Banda de Gaitas de Verín.
Centinela dos cristiáns.
Ninguén quixo perderse a batalla.
Os mouros esperando no seu campamento.
Capitán dos mouros.
Comezan os tratos sen éxito por parte dos mouros.
Inicio da batalla, tras non conseguir chegar a un acordo.
Os mouros ríndense finalmente ante os cristiáns.
O campamento agora luce a bandeira cristiá.
"Moncho" Barreal, alcalde de Laza, xunto a Sergio Boo, da comisión de festas.
Misa solemne.

Despois de tres anos sen esta festa por mor da pandemia do Covid-19, este sábado tiña lugar en Retorta, no Concello de Laza, a batalla de mouros e cristiáns. Unha celebración que se fai na honra do San Antonio, pero que se xunta coa festa da Santa Mariña.

Antes de comezar coa procesión, as veciñas da localidade axudaban a vestirse tanto a mouros como a cristiáns na que era unha antiga tenda de alimentación propiedade de Gustavo García, integrante da comisión de festas. Despois disto, as moriñas e os mouros dirixíronse ó seu campamento onde esperarían ós cristiáns para roubarlle a imaxe do San Antonio.

Os cristiáns, acompañados da Banda de Gaitas de Verín, acudían ó seu encontro, e tras unha serie de negociacións -sen éxito- que derivaron na xa famosa batalla, conseguían que os mouros se rendisen e se convertisen ó cristianismo. 

Posteriormente, os veciños e veciñas de Retorta, escoitaron a misa solemne que tiña lugar no propio campo. A festa continuará pola noite coa actuación da Orquesta Triunfo e da Discomóvil Gramola.