FOTOGALERÍA | Un Nadal con moito "gancho" en Matamá
A creatividade e orixinalidade en Matamá está máis que demostrada nas moitas actividades que poñen en marcha na aldea lazá. Este ano, apostaron por adornos navideños feitos a man. Un grupo da Asociación de Mulleres Rurais O Cruceiro teceu ata 96 boliñas e 8 campás para decorar a árbore de Nadal da aldea. E loce ben bonitiña!
As rúas e casas de Matamá xa están decoradas e iluminadas. Moitas destas creacións participarán no concurso de decoración de Nadal que teñen preparado, con premios á mellor árbore, á ambientación exterior máis orixinal é á máis luminosa.
Pero non é único concurso que teñen organizado, non ían faltar os postres e doces navideños. E tamén haberá premios: ao máis saboroso, ao máis orixinal e á mellor presentación. O día de Noiteboa serán presentados para a súa valoración polo xurado; será ás 15:15 horas no baixo da Casa do Pobo, e poderán ser degustados por todas as persoas que asistan ás actividades que teñen preparadas para ese día. Porque Papá Noel vai visitar Matamá o día de Noiteboa pola tarde, e virá con agasallos.
Ademais, a Asociación de Mulleres Rurais O Cruceiro convida á despertar a creatividade e a vea artística para elaborar postais de Nadal con técnica libre e presentalas a concurso ata o vindeiro 15 de decembro. Iso si, terán que ser en cartulina, tamaño A4 dobrado á metade. Terán que ser entregadas no local da asociación, de luns a xoves dende as 16:00 ata as 19:00 horas. Todas as postais formarán parte dunha exposición e haberá premio en cada unha das categorías: ata 6 anos, de 7 a 15 anos, de 16 a 35 anos, de 36 a 54 anos e maiores de 55 anos.