FOTOGALERÍA | Un curtocircuíto, posible causa do lume que calcinou dúas vivendas en Toro

Un curtocircuíto, segundo as primeiras investigacións, pode estar detrás do lume que se orixinou esta mañá, cara las 11:00 horas, nunha segunda residencia de Toro, en Laza, e que acabou por calcinala por completo, afectando tamén de xeito moi grave ao interior e estrutura da casa contigua. 


Segundo fontes, un veciño da localidade, encargado do mantemento da primeira das casas, tería conectado o sistema de calefacción eléctrico por acumulación con anterioridade ao inicio das lapas, para que a vivenda tivera unha temperatura axeitada cando chegase o seu propietario para disfrutar do entroido lazano. 

Un dos emisores eléctricos pode estar detrás da causa do incendio, que criou as lapas que acabaron calcinando as dúas propiedades.