FOTOGALERÍA | Música, baile e troula na Foliadiña de Laza

Moitas persoas animáronse a bailar ó son da música tradicional. FOTOS: Turismo de Laza.

Para botar un baile sempre hai ganas. Iso deberon pensar en Laza cando organizaron a festa da Foliadiña. Será que non chegou coa celebración dos folións do Entroido, ou que cada vez máis a xente quere festexar ó aire libre e xuntarse e danzar ó redor da música.

Sexa como fora, Laza acolleu numerosas persoas na Foliadiña. Unha festa que xa comezou coa sesión vermú para, logo, ir xantar ata a veciña aldea de Tamicelas. Xa á tardiña, a praza da Picota acoulleu a foliada antes da cea organizada para repoñer folgos e forzas.