GALERÍA | Dúas historias de vida reducidas a cinza

FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
A estufa da primera das vivendas semella ser a responsable dos lumes.
A segunda vivenda incendiouse este domingo de madrugada.
Non se salvou nin un pequeno traxe de peliqueiro.
Escombros amoreados na rúa Barrio, de Laza.
Fachada principal da segunda casa queimada no barrio.
En Laza, hoxe, non se falaba doutra cousa que non fose a das desgrazas vividas a pares por dúas familias, a dunha parella que vía como o venres perdía a súa vivenda por mor dunha traizoeira estufa de leña e a da súa veciña octoxenaria que se enteraba lonxe da casa -pernoctaba no domicilio do seu fillo- de que as lapas viñan de deixala tamén sen ela.