Queres descubrir o mellor Segredo do Retiro do Conde?

Instalacións do Segredo do Retiro. | FOTOS: Anabel G. Simón.

Hai tan só uns días, O Segredo do Retiro abría de novo as súas portas por segundo ano consecutivo. En 2022 José Luís Prieto, chef profesional, inauguraba este proxecto feito con tanto mimo e paixón.

Para esta nova tempada traen novidades no seu menú. Por unha banda inclúen elaboracións especiais para agasallar ós padais máis esixentes. Pola outra, anovan a súa carta de viños para unha perfecta maridaxe cos seus pratos estrela.

A súa oferta caracterízase por estar preparada con produtos locais, todos eles representativos da zona, coma o cabrito ó carbón, pero dándolle un toque moderno sen perder a esencia da cociña galega.

O restaurante está ubicado na casa rural O Retiro do Conde, na localidade de Vilaza. O establecemento, cos seus grandes xardíns e coidada decoración tamén está pensado para eventos máis especiais coma bautizos, comunións, ou vodas, xa que conta cunha capacidade para 65 persoas e menús para tódolos gustos.

As reservas están dispoñibles dende xa, tanto para Semana Santa coma para o longo da tempada, e para asegurar a túa mesa só tes que chamar ó 682 86 06 06. 

O horario de apertura para esta Semana Santa será o seguinte:

Xoves: 20:30 - 23:00

Venres: 13:30 - 16:00 / 20:30 - 23:00

Sábado: 13:30 - 16:00 / 20:30 - 23:00

Domingo: 13:30 - 16:30 

Se queres pasar a coñecelo tes toda a información da súa ampla oferta na súa páxina web.