FOTOGALERÍA | A ximnasia rítmica ten canteira en Verín!

FOTOS: Iván Iglesias.
Rosario Rodríguez, segunda tenente de alcalde, entregando un agasallo a unha das alumnas do clube.
Sonia Lladró, unha das nais que non quere deixar morrer esta disciplina na vila.
Manuel Lorenzo, concelleiro que ten delegadas as competencias no deporte base.
FOTOS: Clube Ximnasia Rítmica Verín.

Tarde de ximnasia rítmica no pavillón polideportivo da Granxa, en Verín, este pasado sábado. Medio cento de rapazas, e un rapaz, participaron na festa de fin de curso do clube Ximnasia Rítmica Verín, coa que se lle deu remate a unha tempada de transición cara a recuperación total do pulo desta disciplina na vila. 

A segunda tenente de alcalde, Rosario Rodríguez, acudiu acompañada do concelleiro delegado no deporte de base, Manuel Lorenzo, ao festival artístico e posterior entrega de premios. 

Todas as cativas obtiveron un obsequio do clube e tamén unha camiseta doada polo Concello de Verín. Logo da exhibición que fixo as delicias dos centos de afeccionados que se deron cita no pavillón, ximnastas e instrutoras do clube pecharon o ano académico cunha pequena celebración.