GALERÍA | Os nosos entroidos expóñense na capital

O Zarramoncalleiro de Cualedro
Unha Madama de Carzoá
Un galán de Carzoá
O Chocalleiro de Vilardevós
Proceso de creación dunha máscara de Peliqueiro
Proceso de creación dunha máscara de Peliqueiro
Un Peliqueiro de Laza
A Morena de Laza
O Boteiro de Viana do Bolo
Un Boteiro de Vilariño de Conso
A Pantalla de Xinzo de Limia
A Pita de Eiroás, Ourense
Galo da Mezquita (A Merca), esquerda, e Covelo de Melón, dereita.
O Frei Canedo da Ponte
Un Oso de Sande, Cartelle
O Concello organizará, durante o mes de marzo na sala Valente, unha gran exposición con máis de 50 personaxes tradicionais do Entroido ourensán. O goberno municipal decidiu aprazar a exposición de personaxes cuxa apertura estaba prevista para o mes de febreiro, coincidindo co Entroido. Os elementos que se expoñerán proceden de cesións realizadas por 34 concellos -hai 44 localidades representadas-, por asociacións culturais e por particulares, e non faltarán pantallas, peliqueiros, cigarróns, boteiros ou a famosa Morena de Laza. Con todo, a exposición contará tamén con traxes descoñecidos para o gran público: mostraranse, por vez primeira, traxes recuperados despois de anos de estudo e de investigación antropolóxica ao longo da provincia.