FOTOGALERÍA | Enredando coa castaña
10 de noviembre de 2025 (14:10 h.)
Nin o frío puido co ambiente do magosto do Enredo, que este sábado reuniu a veciños e visitantes arredor das brasas, o churrasco e as castañas asadas. O local verinense converteuse no campo da festa do corazón da vila, con cheiro a outono e moitas ganas de xuntarse.
Candaira puxo o toque musical, cunha foliada ben cargada de xotas e muiñeiras para entrar en calor. O bar encheuse de comensais e bailadores con ánimos de pasar a tarde-noite entretidos. Foi unha noite sinxela, das de toda a vida. Das que casi non quedan. Porque, ás veces, o mellor plan é simplemente xuntarse ao redor do lume cos de sempre.