AXENDA | Bota unha ollada ós plans desta fin de semana

Ensaio da Banda de Música de Verín aberto á participación da veciñanza que toque algún instrumento de vento, metal, percusión, violoncello ou contrabaixo. Venres, 22 de setembro, ás 20h. Aula polivalente do Auditorio de Verín.
Novena da Merced. Eucaristía, novena e procesión. Ata o domingo 24 de setembro na igrexa da Merced, Verín.
Biblioteca móbil. Sábado, 23 de setembro, na Gudiña e domingo, 24 de setembro, en Castrelo do Val.
Estrea da documental "Pretérito imperfecto", de Plácido Romero. Sábado, 23 de setembro, ás 20h. Auditorio de Verín.
"Móllate polos ríos", limpeza simultánea dos ríos de Galiza. Domingo, 24 de setembro, ás 11h. Río Rubín de Albarellos, Monterrei.
Recreación do prensado nos lagares rupestres; domingo 24 de setembro ás 12h. Lagar de Xan Preto, Oímbra.
Fútbol no José Arjiz, 3ª xornada: Verín CF - ACD Cartelle; domingo 24 de setembro, ás 17h. Verín.
Se queres máis información sobre as actividades, telas aquí: Diario do Támega, Eventos.