FOTOGALERÍA | Música, bailes, castañas e moita bica no Magosto de Cualedro

Os preparativos comezaron á media mañá para ter todo listo para o xantar. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Luciano Rivero, alcalde do municipio, foi o encargado de repartir os premios do Concurso de Bicas.
Tamén houbo medallas para o resto de participantes.

O Concello de Cualedro celebrou este sábado o seu tradicional magosto, unha cita chea de sabor e boa compañía.

Veciños e visitantes compartiron castañas, viño e música nun ambiente festivo que rematou cos entrega de premios ás gañadoras do Concurso de Bicas.