O colexio de Cualedro... abarrotado de maiores

FOTOS: MANU SAN MARTINO.

Poucos días despois de que Monterrei honrase cunha comida popular aos seus maiores, chegoulle este sábado a quenda ós do municipio veciño de Cualedro. O seu rexedor, Luciano Rivero Cuquejo, convocounos a case todos os do Concello no CEIP Vicente Risco da localidade, noutra xornada festiva digna de lembrar por todos eles. Non faltou a representación política provincial e incluso estatal, coa recentemente electa como deputada Ana Vázquez tamén de convidada. E entre os asistentes, un vello coñecido do Pazo Provincial, o seu expresidente José Luis Baltar Pumar.