FOTOGALERÍA | A música enche de maxia do Nadal o Conservatorio Profesional de Música de Verín

FOTOS: Noelia Caseiro.

A gala de Nadal do Conservatorio Profesional de Música de Verín reuniu a numeroso público nun espectáculo cheo de talento, emoción e espírito festivo.

O alumnado subiu ao escenario para ofrecer un repertorio variado, demostrando o seu traballo e paixón pola música nunha noite na que non faltaron os aplausos nin a ilusión propia destas datas.