GALERÍA | O magosto nas aulas... Ao aire libre

FOTOS: M.D.
A cativada ao completo do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo de Verín desfrutou hoxe dunha divertida mañá festexando o magosto. Foi o parque de Tintores quen acolleu a tan sinalada celebración da tempada, onde os cativos desgastaron baterías con varios xogos populares e incluso construíndo os seus propios 'refuxios'. Despois, quenda de repoñer forzas con panceta, chourizos e, como non, castañas asadas. Un suculento menú, nun día solleiro, preparado polos 'profes' do centro e coa axuda da panadería Germán, que achegou ao lugar varias e deliciosas empanadas.