En Castrelo do Val puxéronse de cebola grellada ata as orellas... do porco celta

FOTOS: MANU SAN MARTINO

Que non hai que agardar ata o verán para facer unha nutrida e nutritiva festa gastronómica sábeno moi ben en Castrelo do Val e a súa asociación cultural Os Trasnos. Son xa sete as edicións que conta esta concurrida Festa da Cebola Grellada e do Porco Celta, que un ano máis tivo ás instalacións do pavillón polideportivo como sede este derradeiro domingo do mes de marzo. Vendéronse máis de 200 entradas ao prezo de 12 euros, co título do convite como menú, aínda que tamén se lle engadiron empanadas, algo de bica e bebidas, espirituosas e non tanto. Por suposto, non faltou a música de charanga, tan imprescindible como a carne de porco.