GALERÍA | En Vilardevós e A Mezquita botáronse ao Camiño esta fin de semana

O rexedor da Mezquita, Rafael Pérez, tamén participou da ecoandaina.
Os participantes, pouco antes de empezar a ruta.
Os peregrinos deixan a súa pegada nesta árbore.
Foto familiar dos inscritos no percorrido pola Mezquita.
E velaquí o resultado do seu esforzo.
Veciños de Vilardevós ao seu paso por Sandiás.
A deste domingo foi a terceira etapa, organizada pola Asociación "Entre nós".
Comezaron en Trasmiras e andaron ata Allariz.

O sábado foi o día escollido na Mezquita para percorrer o treito do Camiño de Santiago entre A Portela da Canda e A Vilavella. Non era unha camiñata sen máis. Os participantes ían provistos de luvas e bolsas de plástico para non só andar, senón tamén recoller todo o lixo que outros que xa fixeran o traxecto con anterioridade puideron ter deixado. 

Ao remate non faltou un petisco no Bar On da Vilavella. 

Terceira etapa 

Non tiveron tan boa xornada os trinta veciños de Vilardevós que este domingo percorreron a terceira das etapas do Camiño de Santiago, entre Trasmiras e Allariz, uns 27 kilómetros a pé. Saíron ás sete da mañá dende a estación de servizo da primeira das localidades, e chegaron cara o mediodía á alaricana. Foi unha das etapas máis duras, desta vez pola cantidade de auga que tiveron que soportar nas primeiras horas.