GALERÍA | A Mezquita bótase ao monte na procura de cogomelos

Esta mañá, unha ducia de persoas acompañaron ao presidente da Asociación Micolóxica Os Cogordos, José Luis Rico, nunha interesante xornada de recoñecemento e recompilación de setas e cogomelos. Arrincaron pasadas ás 10:00 horas e ata o mediodía estiveron percorrendo algúns dos soutos próximos á Mezquita na procura de setas comestibles. 

A Asociación Os Tres Reinos foi a encargada da organización do evento, que se desenrolou nunha solleira mañá.