GALERÍA | Unha mañá na aira da malla da Mezquita

FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Segunda edición da festa da malla no Concello da Mezquita. Dende ás 10:30 horas e ata superada a mediodía, unha ducia de mulleres e homes reproduciron unha labor que hai anos era a habitual en todas as airas das principais localidades de todos os concellos galegos

Hoxe foi o núcleo de Chaguazoso o que recibiu á malladora de José, algúns chegaron a emocionarse ao volver a oíla mallar. Os máis cativos non saían do seu abraio. 

Velaí unha escolma da faena, á que logo lle seguiu un xantar a base de empanada e tortilla de pataca.