GALERÍA | Unha mañá na eira da malla, en Cádavos (A Mezquita)

Pouco despois das nove da mañá, a "Campeva" do "Cazador" comezaba a mallar.
A malladora asentouse e nivelouse na coñecida como eira da "Pedra do can".
Outro histórico da industria con tecnoloxía ourensá: un tractor Barreiros.
As correas precisaron dalgún que outro axuste ao longo da mañá.
José do "Cazador" era o encargado de meter a palla dos mollos na malladora.
Un dos feixes feito coma antes, cunha travesa.
Escollendo o gran que saía da máquina, para que non levase impurezas.
José estivo mallando coa súa máquina ata 1989.
Entre os dous aparellos hai máis de medio século de diferencia.
Velaí parte do resultado de tan laborioso e poeirento traballo: o gran.
As máscaras, moi indicadas para este labor.
Unha correa e un piñón retrasaron un chisco as previsións da malla.
E é que a "Campeva" levaba nunha garaxe sen funcionar dende o 89.
Cando Rafael Pérez substituíu a José, a máquina comezou a atoarse.
Un pai explícalle á súa filla o funcionamento da máquina.
O azucre, miragreiro para o rozamento das correas.
E chegou o momento do almorzo aínda con máis de media malla por facer.
Miguel Losada, da Sociedade Antropolóxica Galega, estivo tamén tras a organización.
Os cativos tamén quixeron colaborar amontoando os coaños.
Ben é certo que eran máis os que miraban e retrataban que os que traballaban.
FOTOS: Xosé Lois Colmenero.

A malladora do José do "Cazador" levaba dende 1989, ano no que deixou de traballar con ela, esquecida nun garaxe. Ata que o alcalde da Mezquita Rafael Pérez, case lle obrigou a unha rápida posta a punto para "estreala" logo de tantos anos na primera malla nese concello despois da época das cosechadoras. 
Ó longo deste 2 de agosto estivo mallando -con algúns paróns técnicos- ata rematar cos cinco remolques de mollos preparados para a ocasión. 
A palla irá a parar ás pallozas de Piornedo, en Lugo. O gran moerase para facer pan... Da Mezquita.