FOTOGALERÍA | O Magosto da Mezquita enche aforo e celebra o outono con castañas, viño e bo ambiente

FOTOS: Noelia Caseiro.

O magosto da Mezquita volveu demostrar a súa forza como unha das citas máis queridas do outono no municipio. Arredor de 180 persoas participaron nunha xornada festiva que encheu por completo o aforo previsto e que combinou tradición, gastronomía e convivencia veciñal.

Non faltaron as castañas recén asadas nin o viño, que acompañaron unha tarde chea de conversas, música e bo humor. Familias, mocidade e maiores xuntáronse para celebrar o espírito do outono, nun encontro que reforza ano tras ano o vínculo comunitario e pon en valor as tradicións locais.

A elevada participación e o ambiente festivo consolidan este magosto como unha das citas imprescindibles da tempada na Mezquita.