FOTOGALERÍA | Dobre festa na Mezquita: día do patrón e magosto

FOTO: Concello da Mezquita.
FOTO: Concello da Mezquita.
FOTO: Concello da Mezquita.
FOTO: Concello da Mezquita.
O rexedor, Rafael Pérez Vázquez, tamén se ocupou por momentos da grella. FOTOS: Jainer Barros.
FOTO: Concello da Mezquita.
FOTO: Concello da Mezquita.
FOTO: Concello da Mezquita.
FOTO: Concello da Mezquita.

Na Mezquita tiveron este venres un dobre motivo de celebración. Por unha banda, festexaban o día do seu patrón, San Martiño, co seu correspondente festivo local, que deixou moito tempo libre para participar nas actividades organizadas polo Concello que preside Rafael Pérez Vázquez. E, pola outra, a do día do seu magosto popular, que un ano máis concentrou a máis de duascentas persoas na Casa da Cultura para a cea. 

Así, a completa axenda prevista contemplaba unha obra de teatro no edificio multiusos en colaboración coa Cruz Vermella; un concurso de cociña, outro de velocidade na sempre costosa tarefa de dobrar as costas para coller castañas ou unha carreira de sacos. Os premios para os participantes, dos máis singulares: unha motoserra, un recolledor de castañas, angazos, cestas e, como non, un tixolo para un asado caseiro de bullotes. 



Logo da competición, chegou o momento de repor caloría. E abofé que o fixeron. Non faltou de nada na grella, comandada por momentos polo propio rexedor nacionalista, Rafael Pérez Vázquez