FOTOGALERÍA | Encontro co folclore galego de América na Mezquita

Os veciños da Mezquita asistiron nesta calurosa tarde a unha xuntaza co folclore galego do outro lado do Atlántico. A Corporación Lar Gallego de Chile actuou ante a veciñanza acompañada de As Travesas da Mezquita. As pandeiretas e as gaitas non faltaron nesta cita e houbo quen se lanzou sen dúbida a bailar.