FOTOGALERÍA | Día grande de feira e cuarta edición do Artesanato, na Mezquita

FOTOS: Anabel García Simón.

Cada 5 de agosto é sempre moi particular no concello da Mezquita. O día de feira coincide desta vez co festivo local e, dende fai uns anos, tamén coa celebración do seu certame de artesáns. Dende primeira hora da mañá, os postos da feira misturábanse cos da cuarta edición do Artesanato, unha oferta de ocio no que estaban inscritos 25 participantes e que ofrecía, para este día 5, un amplo calendario de actividades infantís, musicais e incluso máxicas. 

Arrancaron as celebracións coa actuación das pandereteiras As Travesas da Mezquita, pouco antes da hora do xantar. Logo chegaron as sesións de contacontos ou maxia para pechar a tarde a golpe de música.

Para repor forza camiño da verbena, porco ao espeto a fartar

Velaquí algunhas das mellores imaxes da feira Artesanato