FOTOGALERÍA | Nin a fuxida das vacas impide que a cagada da sorte caese na Mezquita

FOTOS: Jainer Barros.
Un dos veciños que atopou o décimo de Nadal agochado posa co alcalde, Rafael Pérez.
Houbo moita expectación entre os cativos.
O público agardou con ganas a cagada da vaca.
O 136F foi o número "cagado".
A vaca fuxitiva.
Antes de escapar, deixou unha pegada no recinto que non era a esperada.
Marisol Guerra, unha das veciñas que atopou o número da Lotería de Nadal. FOTO: Concello da Mezquita.
Victor Carracedo, outro dos premiados. | FOTO: Concello da Mezquita.
Anxo Fernández, coa copia atopada. | FOTO: Concello da Mezquita.
Emilia Cortes tamén atopou un décimo agochado. | FOTO: Concello da Mezquita.
Manuel Jesús Couso foi outro dos agraciados. | FOTO: Concello da Mezquita.
Fernando Pérez recolleu o seu décimo. | FOTO: Concello da Mezquita.
Carmen Fernández, co número que atopou. | FOTO: Concello da Mezquita.

O concurso "Caerán os 1.000 euros?" viviu unha accidentada xornada na Mezquita, pola falta de colaboración das vacas protagonistas. Unha delas deuse á fuga, rompendo os pastores que as cercaban, e tivo seguimento. Eso si, antes de escapar do recinto mexou ante a atenta mirada dos asistentes que agardaban por unha cagada, que se fixo de rogar.

O dono da gandeiría tivo que ir por outra vaca máis mansa e a escollida foi Paradela, que se encargou de expulsar as bostas que determinaron ós premiados de tan peculiar sorteo. Macarena acompañouna, pero debeu sentir pánico escénico e a súa colega adiantouse. As cagadas de Paradela permitiron determinar o número gañador, o 136F, de Pepe Damata, Antonia Rodríguez, Miguel Carracedo, Olimpia Borges e Domingo Barja foron os agraciados. Todos eles recibiron 200 euros en vales outorgados por Carnes Aníbal, Supermercado Coviran, Restaurante don Pepe, A Molinera e Mel Gómez.

 

Esta actividade, que forma parte da programación de Nadal organizada polo Concello da Mezquita, é unha das máis esperadas cada ano. As vacas, nesta ocasión máis reticentes, repartiron sorte entre os veciños. nos últimos días, xa houbo algúns que a tiveron. Mila Gómez foi a gañadora do carretillo valorado en 1.500 euros, repartidos 1.000 nun vale e 500 en produtos. Marisol Guerra, da Esculqueira; Víctor Carracedo, de Vilavella; Anxo Fernández, da Estación Vilavella; Emilia Cortés, de Santigoso; Manuel Jesús Couso, de Castromil; Fernando Pérez, de Manzalvos; e Carmen Fernández, do Pereiro de Arriba, foron os últimos veciños en atopar un dos décimos da Lotería de Nadal agochados no municipio e agardan conseguir máis sorte o vindeiro xoves.