GALERÍA | A cativada da Mezquita visita as escavacións no Castro do Castelo de Santigoso

FOTOGRAFÍA: Noelia Caseiro.

Uns vinte rapaces do Concello da Mezquita, ou que residindo fóra del teñen raíces no municipio, todos eles inscritos no campamento de verán que organiza a institución que preside Rafael Pérez; participaron este xoves nunha singular e instrutiva actividade: a visita ás escavacións que se realizan para a posta en valor do Castro do Castelo de Santiagoso.

Durante un par de horas e trasladados en todoterreos municipais, achegáronse un chisco á cultura e historia do concello, mentres os máis cativos quedaban disfrutando da oferta que lles ofrece o parque multiaventuras da Mezquita. 

Estiveron, en todo momento, acompañados polo alcalde, o nacionalista Rafael Pérez.