GALERÍA | O BNG da Gudiña pon o foco no estado da estación de autobuses

Semella que se está a converter nunha moda o manter o desleixamento nas estacións de autobuses do sur da provincia. Se hai uns días, Diario do Támega publicaba as imaxes do estado da de Verín, agora é o grupo municipal do BNG na Gudiña o que comparte fotografías de como se atopa a instalación da súa vila, concello que terá a primeira estación do AVE de Galicia. 

Poida que moito do tráfico dos coches de liña que ata a Gudiña cheguen nun futuro acaben na nova estación da alta velocidad, pero ata entón isto é o que atopan os viaxeiros que ata este municipio ourensán se achegan