FOTOGALERÍA | A Praza Maior da Gudiña encheuse de cativos!
26 de agosto de 2022 (11:37 h.)
Dentro do programa das festas do San Bartolomeu da Gudiña tivo lugar un espazo para os máis cativos: a Festa do Neno. Citáronos ás cinco e media e chegaron con moita gana de desfrutar dos inchables polos que non deixaron de saltar mentres puideron.